Boeing Business Jet
Aparencia
Boeing Business Jet | |
---|---|
Toda a familia BBJ | |
Tipo | avións executivos |
Fabricante | Boeing Commercial Airplanes |
Primeiro voo | 4 de setembro de 1998 |
Introducido | 1999 |
Produción | 1998 - presente |
Unidades construídas | 237 (decembro de 2018) |
A serie Boeing Business Jet son variantes de avións de pasaxeiros de Boeing para o mercado de reactores executivos.
A designación BBJ denota os reactores executivos baseados na serie 737. Eses avións levan normalmente entre 25 e 50 pasaxeiros cunha configuración luxosa que pode incluír un dormitorio principal, un baño con duchas, unha sala de conferencias/comedor, e unha sala de estar. Boeing Business Jets tamén ten avións corporativos baseados nos 737 MAX, 777X, 787 Dreamliner e 747-8 Intercontinental, que son coñecidos como 737 MAX VIP, 777X VIP, 787 VIP, e 747-8 VIP, respectivamente.[1]
A división BBJ ofrece 11 produtos derivados dos avións de pasaxeiros de Boeing.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boeing: Boeing Business Jets". www.boeing.com. Consultado o 2020-12-21.
- ↑ Lynch, Kerry. "Boeing Business Jets confident as it studies Combi". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2020-12-21.